A decoración da Mostra, espazos pensados para sorprender ao visitante

A decoración da Mostra, espazos pensados para sorprender ao visitante

  • A empresa Estudo DSR, de David Salvado, encargouse por segundo ano da decoración do interior do recinto.

 

Ano a ano a Mostra do Encaixe de Camariñas dá un paso máis na experiencia que vive o visitante que traspasa as súas portas. Neste ámbito a decoración é imprescindible e, para iso, volveuse a confiar outro ano máis na empresa Estudo DSR.

 

Estudo DSR, que se estreou na anterior edición, quixo este ano “volver a sorprender co proxecto de decoración e levalo quizás un pasiño mais ala, por iso apostamos polas estruturas en aéreo, deixando voar a imaxinación e convertendo o espazo da Mostra en distintos ambientes moi visuais”, segundo explica David.

 

“Deseñamos un acolledor xardín inicial para que as palilleiras podan desempeñar a súa importante labor, unha pasarela chea de color e alegría e un novo espazo gastronómico, o ‘Gourmet entre Encaixes’, que de seguro terá unha boa acollida”, explica.