15 Maio, 2024
O Concello de Camariñas promociona as súas festas e feiras
patronais, gastronómicas e culturais en FESTIGALEIROS
Camariñas, a 15 de maio de 2024
Mostra do Encaixe de Camariñas, Festas do Carme en Camariñas e Festa do Caldo de Riola protagonizan o escaparate dixital dos Festivales, Festas e Feiras de Galicia
O Concello de Camariñas escolleu a FESTIGALEIROS, a plataforma de ocio máis potente da cultura popular de Galicia, para poñer en valor o seu patrimonio inmaterial.
A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación de A Coruña converte á localidade na capital nacional da moda que reúne a grandes firmas, deseñadores recoñecidos e modistos noveles. Desfiles, demostracións de traballo, concursos e exposición de artesanías tradicionais galegas enchen unha celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e un dos máis recoñecidos iconos de Galicia.
A vila dos encaixes acolle as Festas do Carme de Camariñas, una das principais da Costa da Morte. Misa de campaña, procesión marítima, Danza de Arcos e música completan unha oferta emotiva e vistosa que atrae a miles de visitantes.
A Ponte do Porto acolle a Festa do Caldo de Riola, cita gastronómica de gran tradición onde se degusta o plato típico local -con carne de cocho picada, patacas, alubias e especies- cocido nunha olla xigante e repartida entre uns mil comensais.
Camariñas é mar. Camariñas é terra. Camariñas é paisaxe. Camariñas é tradicións ancestrais. Camariñas é artesanía milenaria. Camariñas é expresión popular. Camariñas é gastronomía. Camariñas SORPRENDE.
Dirección: Praza da Insuela 57E 15123 Camariñas (A Coruña)
Email: correo@camarinas.net
FACEBOOK: @concellodecamarinas
INSTAGRAM: @camarinas
TWITTER: @CCamarinas