O Concello destina 3.800 euros para apoiar a actividade das confrarías de pescadores

  • A proposta inclúese dentro do Plan Estratéxico de Subvencións que se aprobou onte en pleno.
  • Sandra Insua explica que “dentro das nosas posibilidades, e a pesar de que a competencia é autonómica, queremos axudar a un sector que é imprescindible na nosa economía”.

 

O goberno local de Camariñas levou onte, venres 31 de maio, a pleno unha proposta para a aprobación do Plan Estratéxico de Subvención (PES) que rexerá durante o ano 2024 e que inclúe, entre outras, unha partida de 3.800 euros para apoiar ás confrarías de pescadores.

 

A axuda, que irá a parar para a Confraría de pescadores ‘Virxe do Monte’ e para a Confraría de Pescadores de Camelle, pretende apoiar a actividade que levan a cabo estas asociacións, dándolles un impulso que lles permita continuar co seu traballo.

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “dentro das nosas posibilidades, e ante a falta de apoio da Xunta a pesar de que as competencias son autonómicas, queremos axudar e estar ao carón dun sector que é imprescindible para a nosa economía”.