O Concello destina 25.700 euros para apoiar a actividade das asociacións culturais e medioambientais

O Concello destina 25.700 euros para apoiar a actividade das asociacións culturais e medioambientais

  • A proposta inclúese dentro do Plan Estratéxico de Subvencións que se aprobou en pleno.
  • Sandra Insua explica que “queremos colaborar no sostemento das actividades das distintas asociacións, ademais de fomentar o patrimonio cultural do Concello”.

 

O goberno local de Camariñas aprobou a semana pasada o Plan Estratéxico de Subvención (PES) que rexerá durante o ano 2024 e que inclúe, entre outras, unha partida de 25.700 euros para apoiar a actividade das diferentes asociacións culturais e medioambientais do municipio.

 

A axuda, que irá a parar para a Asociación ‘Virxe do Carme’ de Camariñas, Asociación de Festas de San Pedro da Ponte do Porto, Asociación Cultural Espíritu Santo de Camelle, Asociación Cultural San Xurxo de Buría, Asociación Cultural Os Bartolos de Arou, Asociación de Veciños Casoliño, Asociación Cultural Reghos dos Cuiros e a Asociación Medioambiental Mar de Fábula.

 

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “queremos colaborar no sostemento das actuacións das distintas asociacións do municipio, ademais de fomentar o patrimonio cultural e as festas do Concello”.