Rematan as obras de pavimentación das pistas no lugar de Trasteiro

  • A actuación contou cun orzamento de 51.644,32 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación.

 

O Concello de Camariñas rematou esta semana as obras de pavimentación das pistas no lugar de Trasteiro, na parroquia de Xaviña. A actuación, que contou cun orzamento total de 51.644,32 euros, está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

 

Os traballos que se levaron a cabo permitiron renovar a vía, que estaba bastante deteriorada, e consistiron na limpeza das cunetas e o acondicionamento do terreo para, posteriormente, proceder ao pavimentado do firme mediante aglomerado asfáltico.