09 Outubro, 2024
O Concello de Camariñas levará proximamente a pleno a proposta de adhesión á “Estrategia de Promoción de la Salud y Prevención en el SNS”, un programa promovido polo Ministerio de Sanidade e pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Esta estratexia persegue a promoción da saúde e a prevención co obxectivo de gañar anos de vida en boa saúde e libre de incapacidade Propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a promover saúde, previr as enfermidades, as lesións e a discapacidade, actuando sobre factores como a actividade física, a alimentación e o benestar emocional.
As actuacións que se porán en marcha nunha primeira fase céntranse en:
Entre as actividades que ten previsto desenvolver o Concello de Camariñas neste sentido están: Ioga Terapéutico, Saúde e Natureza, Camariñas Saudable ou Concello Activo.
Dentro dos acordos que se levarán a pleno, está o de constituír unha mesa intersectorial no municipio que servirá como instrumento de colaboración entre sectores para gañar saúde nun marco que envolva a todas as políticas que se leven a cabo.