04 Novembro, 2024
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e os concelleiros Fabián Canosa, Encarnación Liñeiro e Sergio Caamaño, realizaron hoxe unha ofrenda floral nas placas que homenaxean aos camariñáns represaliados durante a Guerra Civil.
Este acto, que tivo lugar tanto na placa de Camariñas como na de Ponte do Porto, colocadas o ano pasado nesta data, serve para que non se esqueza a historia e o legado destes veciños que deron a súa vida pola democracia.