AVISO IMPORTANTE: Retirada definitiva do PID (Punto de Información Dixital) da Casa de Pedra

AVISO IMPORTANTE: Retirada definitiva do PID (Punto de Información Dixital) da Casa de Pedra

A Xunta de Galicia, propietaria do Punto de Información Dixital situado na Casa de Pedra anunciou a retirada definitiva dos ditos puntos en toda Galicia.

 

O pasado 25 de outubro recibimos un correo electrónico dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, nel indicábase que dende o departamento de protección de datos da Xunta de Galicia informaban de que a normativa establece restricións que imposibilitan o uso da pegada dixital  nos puntos de información do Servizo Público de Emprego de Galicia. Tendo en conta o uso e situación actual destes equipos, e o esforzo realizado nestes últimos anos pola consellería nos que se acadou incrementar enormemente os servizos que se ofrecen de xeito telémático (renovación da demanda por teléfono, app ou web, envío de informes, recuperación de demanda, inscripción a ofertas e formación..); os puntos de información do Servizo Público de Emprego desconectatranse   próximamente.

 

Sinalaban tamén que en próximas datas acudiría persoal enviado pola AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para a súa retirada definitiva.

 

O mércores 5 de decembro comunicóusenos vía telefónica que a data prevista para a retirada definitiva do punto do noso concello será o vindeiro martes 10 de decembro.

 

A partir dese día coa retirada definitiva do punto desaparece esa opción para poder renovar ou reactivar a demanda de emprego.

 

Nos vindeiros días publicaremos unha nova cos métodos vixentes para renovar ou reactivar a demanda de emprego sen necesidade de asistir de xeito presencial a unha oficina de emprego.

 

Por favor, compartide esta nova entre os vosos contactos xa que consideramos que é de importancia para a veciañnza.

 

Moitas grazas.