13 Xaneiro, 2025
A “3H Resistencia Concello de Camariñas” de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia, coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).
A proba foi presentada na casa do concello de Camariñas pola alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o presidente da Peña Ciclista Baikers do Vilán, Ramón Martínez; o secretario da peña, Pedro Romar; e o técnico deportivo municipal, Moncho Canosa.
A cita, prevista para o domingo 2 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño desde as 10 horas, é unha das cinco probas das que constará o campionato galego ao longo de 2025:
As inscricións poderán formalizarse no seu momento na páxina web da Federación Galega de Ciclismo (https://fgalegaciclismo.es/index.php/es/smartweb/seccion/circuito/galicia/25COPARSTG) e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.