Abertas as inscricións para a

  • A cita, organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello, será o domingo 2 de febreiro con saída e chegada na paria do Ariño.
  • As inscricións deberán formalizarse ata o 30 de xaneiro na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

 

Xa están abertas as inscricións para a ‘3H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, que volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia e estará coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).

 

A cita, prevista para o domingo 2 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño desde as 10 horas, é unha das cinco probas das que constará o campionato galego ao longo de 2025:

 

  1. Lousame, 19 de xaneiro.
  2. Noia, 26 de xaneiro.
  3. Camariñas, 2 de febreiro.
  4. Vilagarcía, 9 de febreiro.
  5. Narón, 16 de febreiro.

 

As inscricións poderán formalizarse ata o xoves 30 de xaneiro ás 15 horas na páxina web da Federación Galega de Ciclismo (https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/29210-3HORAS-RESISTENCIA-CONCELLO-DE-CAMARINAS) e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net