O Concello investirá 76.000 euros para realizar o mantemento da 836 puntos de luz da iluminación pública exterior

O Concello investirá 76.000 euros para realizar o mantemento da 836 puntos de luz da iluminación pública exterior

  • Os traballos permitirán actuar en Praza do Curro, Estrada Vilán, rúa da Fonte nº10, rúa Areal, rúa San Xurxo, lugar Curros nº1, lugar de Arou, e a praia de Camelle.

 

O Concello de Camariñas sacou a licitación un proxecto valorado en 76.772,59 euros para realizar a adecuación das instalacións da iluminación pública exterior en diferentes puntos das parroquias de Camariñas, Ponte do Porto, Arou e Camelle.

 

A actuación, que permitirá modernizar o sistema e que sexa máis eficiente, levarase a cabo en 836 puntos de luz en total. Os lugares nos que se actuará son: Praza do Curro, Estrada Vilán, rúa da Fonte nº10, rúa Areal, rúa San Xurxo, lugar Curros nº1, lugar de Arou, e a praia de Camelle.

 

Os traballos que se levarán a cabo son: en canto aos cadros de mando, substituiranse os que sexan necesarios e o resto acondicionarase, dotando de protección diferencial a todos os circuítos; adecuaranse as redes de distribución aéreas e subterráneas aos regulamentos de aplicación, substituíndo as liñas e caixas de derivación danadas; e, por último, desprazaranse os puntos de luz accesibles desde balcóns ou ventás e posta a terra da instalación a valores regulamentarios.