28 Marzo, 2025
A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa ampliando a súa oferta cultural. Nesta XXXIV edición, que comezará o mércores 16 de abril, contará con seis presentacións literarias. Trátase das publicacións de Xesús Búa, Alfonso de Sas, Icía Varela e Xosé Manuel Varela, Xan Fernández, Ana García e Josefina Campaña.
A primeira destas presentacións será o xoves 17 de abril, ás 12:00 horas. O fotorxonalista Xesús Búa presentará “Homes e Mulleres de Sal e Ferro”, unha publicación que describe a xornada completa de traballo dos percebeiros e percebeiras de Camariñas e Muxía, en plena da Costa da Morte.
O mesmo día ás 12:30 horas a pandereteira Icía Varela e o especialista Xosé Manuel Varela presentarán “Cantareiras”, un percorrido polo legado da música e a poesía popular, a tradición das pandeireteiras.
O venres 18 ás 12 horas Josefina Campaña presentará o seu primeiro libro “De niña artesana a mujer”. Logo, ás 12:20 horas, Xan Fernández presentará a guía “Camariñas, un mar de encaixe”, un acto que estará presentado polo comunicador Marcial Mouzo.
O sábado 19, ás 11:40 horas, Alfonso de Sas presentará unha nova edición de “El Cementerio de los Ingleses”. Por último, o mesmo sábado, ás 12 horas, a fotoxornalista Ana García presentará a súa publicación “Mar de Ardora, Mar de Galicia”, un compendio de fermosas imaxes sobre a maxia que pode crear a bioluminiscencia mariña.
Ademais, o sábado, despois dos desfiles da mañá, a camariñá Agueda Antelo agasallará aos nenos e nenas das escolas municipais de palillo co seu libro “Un viaje por el espacio”.