21 Abril, 2025
O Concello de Camariñas aprobou onte en pleno, por unanimidade de todos os grupos que forman a corporación municipal, a adquisición do edificio da Cámara Agraria da Ponte do Porto, situada no lugar do Allo, e que deixou de funcionar a comezos dos anos 80.
A proposta debatida onte no salón de plenos municipal implica que o concello adquirirá o inmoble á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, propietaria actual, por un total de 22.695 que se aboarán en 10 anualidades.
O obxectivo do goberno local é, ao igual que se está levando a cabo na Casa do Mar de Camelle, rehabilitar o edificio e poñelo á disposición da veciñanza para diferentes usos.