21 Abril, 2025
Desde hoxe, martes 15 de abril, o Museo Man de Camelle acolle a exposición “Homes e mulleres de sal e ferro”, do fotógrafo Xesús Búa. A mostra permanecerá no museo ata o 30 de abril.
A través das súas imaxes, fotógrafo muxián Xesús Búa describe a xornada completa de traballo dos percebeiros e percebeiras de Camariñas e Muxía, en plena da Costa da Morte, desde que almorzan na casa, baixan ao mar e saltan ás pedras para centrarse na loita coas ondas ata rematar coa escolla do produto cando volven a terra.
Son imaxes potentes de homes e mulleres poderosas, curtidas polo sal, recias e fortes física e psiquicamente, duras coma o ferro ben afiado da súa rasqueta, que se achegan aos perigosos e batidos riscos e pedras onde recollen o exquisito manxar co que o Atlántico nos agasalla e que, en condicións moi duras e arriscadas, apañan eles para gañarse a vida.