O Concello recibe 98.000 euros da Deputación da Coruña para o fomento dos Servizos Sociais no 2025

O Concello de Camariñas recibiu unha subvención dun total de 98.000 euros da Deputación da Coruña a través do programa de financiamento dos Servizos Sociais no ano 2025.

 

Esta axuda ten o obxectivo de asistir economicamente ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de Servizos Sociais comunitarios, subvencionando aos profesionais de distinto perfil neste ámbito.

 

Así, no caso do Concello de Camariñas, subvencionouse persoal administrativo do grupo C1 ou C2, persoal técnico A1 e persoal auxiliar do SAF de libre concorrencia (24.000 euros).

“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña”