O Concello recibe as chaves da Cámara Agraria da Ponte do Porto

O Concello recibe as chaves da Cámara Agraria da Ponte do Porto

  • Sandra Insua invitou a veciños e veciñas do Allo á primeira visita para recoñecer o inmoble.
  • O obxectivo é rehabilitalo e poñelo á disposición da veciñanza para diferentes usos.

 

O Concello de Camariñas recibiu as chaves do edificio da Cámara Agraria da Ponte do Porto, situada no lugar do Allo e que deixou de funcionar a comezos dos anos 80, que adquiriu no pasado mes de abril á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia por un total de 22.695 que se aboarán en 10 anualidades.

 

A alcaldesa de Camariñas, acompañada doutros concelleiros e concelleiras do goberno local, invitou aos veciños e veciñas do Allo á primeira visita que se realizou para recoñecer o estado do inmoble, que necesita dunha profunda remodelación.

 

O obxectivo do goberno local é, ao igual que se está levando a cabo na Casa do Mar de Camelle, rehabilitar o edificio e poñelo á disposición da veciñanza para diferentes usos.