Remata unha nova edición de “O Mar na Escola”, na que 59 rapaces se familiarizaron co mundo marítimo

  • O programa está dirixido aos centros educativos e participaron o CEIP O Areal e o CEIP Plurilingüe Ponte do Porto.
  • O obxectivo é desfrutar do mar e adquirir concienciación do seu valor natural.

 

O pasado venres, 30 de maio, rematou unha nova edición de “O Mar na Escola”, o programa destinado a que os rapaces teñan contacto co mar. A iniciativa do Concello de Camariñas, que naceu hai 21 anos, pretende que os rapaces e rapazas que estudan no municipio accedan ao mundo marítimo a través de deportes náuticos e tamén alcancen unha concienciación de respecto co valor natural do mar.

 

O programa está destinado aos alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios CEIP O Areal de Camariñas e CEIP Ponte do Porto. En concreto, nesta edición participan 59 alumnos e alumnas, que probaron deportes como a vela ou o kayak.

 

Realizáronse cinco saídas prácticas por grupo ao mar, co fin de adquirir uns coñecementos mínimos da navegación a vela, das mareas, dos ventos e das diferentes embarcacións. Previamente fixéronse clases teóricas nas aulas.