06 Xuño, 2025
O Concello de Camariñas é un dos 45 municipios e xeodestinos que participan na undécima edición da Feira de Festas de Interese Turístico (FESTUR) que se celebra en Silleda desde hoxe, xoves 5 de xuño, ata o domingo, 8 de xuño.
A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña é o principal reclamo do stand do Concello, no que as persoas que visiten a feira poderán ver a colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, ‘Mitra’, de Estafanía Orgaz e Pedro Orgaz; diferentes pezas das coleccións de Mariví Santos Atelier e de Ana Miguéns, participantes do desfile de ArtEncaixe. Ademais, haberá demostracións e venta de encaixe de Camariñas coa presenza das asociacións Rendas e Puntillas.
Na inauguración da feira estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes.
Festur reúne, durante os catro días, a máis de sesenta festas de interese turístico de Galicia, a maior cifra desde que se puxo en marcha este certame no ano 2014.