O Concello de Camariñas estase vendo afectado por un novo incendio.
Está localizado entre Xaviña e Lazo e xa están avisados os medios para proceder a súa extinción, tanto o distrito forestal de Vimianzo como a agrupación de Protección Civil de Camariñas.
O incendio atópase controlado e fóra de perigo.
Agradecemos o seu traballo a todos os bombeiros do distrito forestal, así como tamén aos voluntarios de Protección Civil.