Contratación de Auxiliar Administrativo para Xestión de Faixas

O Concello de Camariñas foi beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia (Procedemento TR350E) por 16.380,09 euros. Esta axuda permitiu a contratación dunha persoa nova inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Contratouose unha Auxiliar Administrativo/a que se encargará especificamente da tramitación e xestión dos expedientes relativos ás faixas secundarias de biomasa.

Esta actuación é posible grazas ao cofinanciamento da Unión Europea, que achega o 60% do custo total. O proxecto enmárcase no Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do Obxectivo político 4 «Unha Europa máis social e inclusiva» (Prioridade 5 «Emprego xuvenil», Obxectivo específico ES04.1 e Medida 5.A.02).

Descargas