A XIV Carreira Pedestre bate o récord de inscritos coa participación de 962 persoas

  • A proba terá lugar este domingo, 8 de marzo, e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.
  • O Concello instalará un punto violeta para conmemorar o Día da Muller.

 

A décimo cuarta Carreira Pedestre Concello de Camariñas bate o récord de inscritos coa participación de 962 persoas na proba que se celebrará este domingo, 8 de marzo, e que será a apertura do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte”.

 

A carreira ten carácter solidario xa que se recadarán fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través da categoría 3K contra o cancro” para persoas nacidas no ano 2010 e anteriores. Ademais, desde a organización habilitouse unha “Fila 0” para que calquera persoa puidese facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha proba.

 

As probas, un total de seis, comezarán ás 10:00 horas, coa categoría sub-12. A categoría sub-10 terá saída ás 10:15 horas; a “3k contra o cancro” ás 10:30 horas; a 10K absoluta ás 11:30 horas, e a categoría Pitufos ás 12:45 horas.

 

8M

 

O Concello instalará na proba un Punto Violeta co lema “Somos as mulleres que construímos Camariñas”, a campaña municipal para conmemorar o 8M, Día da Muller.

Descargas

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net