A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficinal da Provincia (BOP) do mércores 8 de abril a concesión definitiva ao Concello de Camariñas dunha subvención de 19.888,26 euros para a contratación do servizo de oficina de información turística durante o ano 2026.
Os servizos de información turística no Concello de Camariñas, financiados pola Diputación, prestaranse dende o 1 de xullo ata o 31 de outubro de 2026 e implicarán a contratación de dous profesionais, esperando atender arredor de 8.000 visitantes.