Cambio de data charlas gratuitas Fundación Naturgy

Cambio de data charlas gratuitas Fundación Naturgy

Informamos de que a charla sobre a prevención de accidentes con electricidade e gas queda aprazada por motivos alleos a este Concello.

A nova data de celebración será o vindeiro 29 de maio ás 10:00 horas, nas instalacións do Museo do Encaixe.

Lembramos que o prazo para anotarse continúa aberto. Todas aquelas persoas que desexen asistir poden formalizar a súa inscrición chamando aos teléfonos 981 73 70 04 ou 653 25 92 82, preguntando por Ali Trillo.

Desculpen as molestias que este cambio poida ocasionar.