O Concello publica as listaxes de persoas preinscritas nos obradoiros de Camariñas e Camelle e abre o prazo para o abono das taxas

As persoas que formalizaron a súa preinscrición en tempo e forma xa poden proceder ao pago correspondente. Ademais, infórmase de que aínda quedan prazas vacantes para todas as quendas en ambas as localidades.

O Concello de Camariñas fai públicas as listaxes das persoas que formalizaron correctamente, e dentro dos prazos establecidos, a preinscrición para participar nos obradoiros municipais que se desenvolverán nas localidades de Camariñas e Camelle.

Todas aquelas persoas que figuren nas devanditas listaxes xa poden proceder ao abono das taxas correspondentes para confirmar e formalizar a súa praza definitivo.

Para facilitar o trámite, o pago pode realizarse directamente a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello na seguinte ligazón: 👉 Acceso á pasarela de pago de taxas

Prazas aínda dispoñibles Desde a organización lémbrase á cidadanía que aínda existen prazas libres por cubrir en todas as quendas dispoñibles, tanto para o obradoiro de Camariñas como para o de Camelle. As familias que non chegasen a formalizar a preinscrición pero estean interesadas, aínda están a tempo de solicitar unha praza.

Vídeos informativos Para un maior detalle sobre o funcionamento e as actividades dos obradoiros, as persoas interesadas poden visualizar os vídeos explicativos a través da seguinte ligazón:

https://youtu.be/72VJ5vO8XY4?si=DH5NyoH7sOqsM8wA (TEMPO LIBRE)

https://youtu.be/36kuWiluMwg?si=pgdT5RRQgUujKMm0  (ACTIVIDADES ACUÁTICAS)

 

 

 

Descargas

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net