Danza Rosa 2026

Danza Rosa 2026

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Mañá, sábado 17 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16:30 horas. Unha vez rematada a marcha haberá unha sesión de zumba.