O Concello de Camariñas acolle unha charla formativa sobre a prevención de timos e estafas

A sesión, impartida pola Escola Galega do Consumo, terá lugar o xoves 26 de novembro, ás 12:00 horas, no Centro de Iniciativas Empresariais.

O Concello de Camariñas informa da celebración dunha charla formativa sobre a prevención de timos e estafas, que se desenvolverá o vindeiro xoves 26 de novembro, ás 12:00 horas, no Centro de Iniciativas Empresariais.

A sesión será impartida pola Escola Galega do Consumo e terá como finalidade ofrecer información e orientacións para axudar a identificar e previr posibles enganos no ámbito do consumo.

As persoas interesadas en asistir deberán confirmar a súa asistencia a través dalgunha das seguintes vías:

O Concello anima a veciñanza a participar nesta actividade formativa para mellorar a súa información e protección como persoas consumidoras.