Punto de información catastral

Inicio Urbanismo e Obras Punto de información catastral

No Punto de Información Catastral do Concello poderanse obter certificacións e consultas sobre datos catastrais literais, alfanuméricas e cartográficas. 
 

Requisitos para a obtención de datos:


Para o acceso a esta información, os titulares catastrais, ou os seus representantes legais, deberán presentar a solicitude de información no modelo que se lles facilitará no Punto de Información Catastral na que se fará constar a identidade do solicitante e a información requirida, sendo imprescindible a consignación do número de identificación fiscal do titular catastral, así como o orixinal e fotocopia de devandito documento.

A solicitude conterá ademais a correspondente autorización á entidade xestora do servizo para acceder aos seus datos desde o Punto de Información Catastral. Xunto á solicitude debe presentarse a documentación acreditativa da representación ou autorización con que se actúe, cuxa validez e eficacia será constatada polo responsable do servizo na propia solicitude.


Se é o titular catastral, ou representante legal do titular, deberá presentar:

Solicitude do titular catastral, segundo modelo oficial.
N.I.F. (orixinal e copia do titular, e, no seu caso, da persoa autorizada).
No suposto de actuación como representante, acompañarase autorización segundo modelo oficial, cuxa validez será de DEZ DÍAS desde a data da súa expedición.

Validez e eficacia da documentación (certificado electrónico) emitido polo Punto de Información Catastral.

Os documentos xerados polo Punto de Información Catastral conterán a data da súa expedición e un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia de conformidade co establecido polo artigo 96 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeneral Tributaria, e polo artigo 41 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario