Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto, El Pulpo, Dolores Cortés, José Perea,Xoaquín Ruíz, MATTEÔS Bridal,ÔSE Couture e a firma local Ondas do Mar.
Hoxe o deseñador andaluz José Perea, que tamén participa no desfile de Grandes Deseñadores, levou a cabo na pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña unha das súas mediáticas demostracións de costura en directo. En 20 minutos, mentres o público presente interactuaba con el, José Perea creou desde cero un vestido que logo desfilou co resto de creacións da colección cápsula que presenta no seu primeiro ano na pasarela camariñana.
Os 12 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais.
Son: Alfarería La Cacharrera, O Rulo, Feituras, Risco Estudio, Encaixa_T, Ene de Toba, Lola Logaro, Mascarada O Cansorriño, Mariví Santos, Zeltia ao Aire, Ana Trasariz e Estilo Aramar.