Biblioteca

Praza da Insuela, 31. 15123 - Camariñas
Email
 981 737 234 / 665 134 490

 
HORARIO
Inverno: de Luns a Venres de 9:30 a 14:00h e de 16:30 a 19:00h
Verán: de Luns a Venres de 8:00 a 14:00h
Catálogo online da biblioteca Municipal de Camariñas
GaliciaLe. Plataforma de préstamo de libros electrónicos

O 17 de maio de 1994, ano de Luís Seoane, foi inaugurada a Biblioteca Municipal de Camariñas na praza da Insuela desta localidade.

Actualmente conta con dous andares e 32 postos de lectura. Os fondos bibliográficos están distribuídos, á vista do usuario, en cinco seccións: infantil, xuvenil, adultos, hemeroteca e cómic. As tres primeiras ordenadas por materias: literatura, filosofía, psicoloxía, medicina, historia, xeografía, fotografía, ciencias sociais, dereito, ciencias naturais, gastronomía, decoración, mecánica, arte, etc.

Organizada en dous andares e 12 postos de lectura. Os fondos bibliográficos están distribuídos, á vista do usuario, en cinco seccións: infantil, xuvenil, adultos, hemeroteca e cómic.

Conta ademais con materiais especiais: vídeos, DVD, casetes, CD-rom e diapositivas agrupados no apartado de audiovisuais.

Entre os servizos ofrecidos atópanse: lectura en sala, información bibliográfica, préstamo a domicilio, solicitude de adquisicións e diversas actividades de animación á lectura, contacontos e proxección de vídeos pedagóxicos e de entretemento.

No mesmo local atópase a OMIX Camariñas cun espazo para a exposición de revistas e folletos informativos sobre becas, ensino, traballo, familia, publicacións, cursos, premios, concursos, turismo, ocio e tempo libre. Infórmase ós mozos sobre temas do seu interese e establécense lazos de colaboración coas asociacións do Concello, axudando a tramitar subvencións e programando actividades conxuntamente.

Durante todo o ano, agás os meses de verán, calquera información sobre itinerarios turísticos, rutas de sendeirismo, mapas, guías e folletos de información do Concello poderán recollerse ou consultarse tamén na Biblioteca.

Ligazóns

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
anamartinez.biblioteca@camarinas.net
Educadora: 
mjosepasantes.eduadultos@camarinas.net