Educación de adultos

Inicio Cultura Educación de adultos

CONTACTO
Teléfono: 981 73 70 04
Educadora: mjosepasantes.eduadultos@camarinas.net

O Programa de Formación de Adultos ten como finalidade principal fomentar e estimular a educación, principalmente, na poboación adulta e naquelas persoas que, por moi diversas circunstancias, abandonaron o sistema educativo.

Entre os obxectivos deste programa están os de formar ao alumnado e facilitarlle os recursos e as ferramentas necesarias que lle permitan a adquisición dos coñecementos esixidos para a consecución do título de Graduado en Educación Secundaria ou, no seu caso, do Bacharelato. Tamén mediamos entre o sistema educativo e o alumnado a distancia, achegándolle ao seu entorno a oferta educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tendo como centro colaborador o IES “San Clemente” de Santiago de Compostela.

Dúas son as actuacións que engloba este programa e que se realizan no Centro de Iniciativas:

1. Preparación das probas encamiñadas á obtención do Graduado en Educación Secundaria

Dirixida con carácter xeral ás persoas maiores de 18 anos. Excepcionalmente poderá matricularse o alumnado maior de 16 anos sempre que teñan un contrato laboral no momento de formalizar a súa matrícula ou que realizase un PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial).


Para inscribirse ou solicitar información: oficinas da “Casa de pedra” (11:00-13:30), no 981 73 70 04 ou no enderezo de correo electrónico mjosepasantes.eduadultos@camarinas.net.

Unha persoa pode inscribirse durante todo o ano, mais só se pode matricular en períodos determinados.

O horario das clases formativas son de luns a venres de 19.30 a 22h e sábados de 15.30 a 18h. Os días de formación para cada grupo concretaranse posteriormente.

2. Bacharelato a distancia.

Dirixida ás persoas maiores de 18 anos e que cumpra os requisitos académicos establecidos (Graduado en Secundaria, Técnico Auxiliar de Formación Profesional de Primeiro Grao, etc.).

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net