Actualidade

Inicio Servizos Sociais Actualidade

Servizos sociais

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALENARIOS DA XUNTA PARA O ANO 2025

  1. As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código de procedemento BS607A.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e os rexistros previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  1. A presentación da solicitude implicará a aceptación expresa das condicións e obrigas establecidas nesta orde, así como a aceptación da axuda.

Servizos sociais

A rúa Silvia Lijo, unha homenaxe á mestra que destacou polo seu compromiso coa educación e a igualdade

  • Hoxe descubriuse a placa da rúa despois de que o Concello aprobase en pleno o nomeamento.
  • O IES Pedra da Aguia acolleu unha sentida homenaxe á mestra.
  • Tamén se instalou unha placa en Camelle, na casa de Carmen Tajes Rodríguez, para poñer en valor o seu legado como curandeira.

Servizos sociais

Recoñecemento mulleres emprendedoras

Hoxe, venres 7 de marzo, o Concello de Camariñas levou a cabo a primeira das accións que organiza para conmemorar o 8M. A alcaldesa, Sandra Insua; a concelleira de Igualdade, Begoña Tajes; e a técnica de Igualdade, Noelia Teijeiro, fixeron un recoñecemento ás mulleres emprendedoras que puxeron en marcha os seus negocios durante o ano 2024, recoñecendo así o seu esforzo e a súa contribución ao tecido económico local. As mulleres premiadas foron: María Jesús Lema Chans, de Flores con Encanto; Carolina Santos Suárez, da Farmacia de Camelle; Lidia Pasantes Rodríguez, do Supermercado A Fonte; Eva Rosa León de Pensado, do Café-Estanco O Chisqueiro; e Consuelo Sánchez Montero, de Autoescuela Cosán.

Servizos sociais

En Camariñas encaixa a igualdade cunha ampla programación de actividades para o 8M

  • Mañá, venres 7 de marzo, terá lugar a entrega de premios ás mulleres emprendedoras.
  • O 15 de marzo celebrarase un pleno extraordinario en igualdade, onde se procederá ao nomeamento da rúa “Silvia Lijó”.

Servizos sociais

Camariñas presenta o seu IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes

  • Presentarase hoxe en pleno a proposta de renovación dun instrumento de traballo que estará vixente durante os próximos catro anos.
  • O III Plan de Igualdade acadou un grao de cumprimento global do 62,5%.

Servizos sociais

Programa Turismo Imserso 2024-2025

Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Turismo do Imserso temporada 2024/2025
(BOE núm. 151, do 22 de xuño de 2024)

Servizos sociais

PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2024 DA XUNTA DE GALICIA

Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios 2024”da Xunta de Galcia; Para estadías de dez días en establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Servizos sociais

O Concello organiza unha andaina pola igualdade e obradoiros educativos para conmemorar o 8M

  • A andaina terá lugar o Día da Muller, venres 8 de marzo, con saída ás 17 horas da estatua da muller palilleira.
  • Os obradoiros están dirixidos ao alumnado de educación primaria do CEIP de Camelle, CEIP de Camariñas e do CEIP Ponte do Porto.

Servizos sociais

O Concello de Camariñas conmemora o 25N con varias actividades para promover a igualdade

  • Ao longo da semana levaranse a cabo distintas actividades contra a violencia cara a muller, rematando o propio 25N co acto “Voces contra las violencias machistas”
  • A primeira cita será mañá, xoves 23, cunha formación para pais e nais sobre a importancia da igualdade e a prevención de conductas machistas no Instituto Pedra da Aguia

Servizos sociais

Os obradoiros de memoria xuntan a 40 persoas en Camariñas e Camelle

  • Esta actividade comezou o mes de novembro e estenderase ata finais de abril.
  • As persoas participantes traballan exercicios que favorecen a linguaxe, a orientación, o cálculo, o recordo a curto e longo prazo...
12 3 4

Servizos Sociais

Contacto

Casa de Pedra. Plaza de Insuela, s/n.
Tfno. 981737004 - Fax: 981736199
Concelleira de Servizos Sociais: 
begona.tajes@camarinas.net
Axente de igualdade: 
igualdade@camarinas.net