Este novo servizo, xestionado pola cooperativa sen ánimo de lucro “Mazariñas”, está situado no Centro de Iniciativas e poderá dar atención a 5 persoas usuarias.
Ademais, o Concello solicitou unha subvención á para transformar o baixo do Centro de Iniciativas nun centro social.
Sandra Insua, destaca que “este modelo de Casas do Maior está suplindo aos Centros de Día e cremos que ten unha moi boa acollida por parte da veciñanza”.
O Diario Oficial de Galicia fai hoxe pública a resolución, mediante a cal acorda achegar á Administración local 53.575 euros para poñer en marcha este novo servizo.
A alcaldesa, Sandra Insua, destaca que “é unha gran nova para a nosa veciñanza, xa que a partir de novembro poderémola poñer en marcha complementando así a de Xaviña”.