Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

  • Ambas empresas, afincadas no municipio,  reforzaron as liñas do acordo de colaboración.
  • Ademais, haberá degustación de rodaballo e de polbo no recinto.

O Concello

Recunchos internacionais, exhibicións artesás en vivo, stands e moito máis na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

  • No pavillón Víctor Vigo daranse cita artesáns e artesás chegadas de varios puntos da xeografía galega e nacional, así como dos países de Bulgaria, Hungría, Italia, Polonia e Portugal.
 
  • As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Artesanía Nía, de Artesanía Corman, de Suso Calo – Lobo Tolo e de Tejas Pintadas.
 
  • En clave solidaria haberá tamén lugar para a Asociación Española contra o Cancro e a Ataxia de Friedreich; tamén haberá Punto Violeta.
 
  • Tanto a Deputación da Coruña como o Concello de Camariñas contarán con stands

O Concello

José Matteos dobra a súa presenza na Mostra presentando dúas firmas: ÔSE Couture e Matteos Novias

  • A pasarela de Camariñas foi o lugar escollido polo deseñador para presentar a súa nova marca ÔSE Couture, na que fusiona arte e moda.
  • “Camariñas, tierra querida” será a colección de Matteos Novias e “Renacer by ÔSE” a de ÔSE Couture.

O Concello

O Concello investirá 76.000 euros para realizar o mantemento da 836 puntos de luz da iluminación pública exterior

  • Os traballos permitirán actuar en Praza do Curro, Estrada Vilán, rúa da Fonte nº10, rúa Areal, rúa San Xurxo, lugar Curros nº1, lugar de Arou, e a praia de Camelle.

O Concello

A Mostra do Encaixe amplía a súa oferta cultural con seis presentacións literarias

  • Xesús Búa, Alfonso de Sas, Icía Varela e Xosé Manuel Varela, Xan Fernández, Ana García e Josefina Campaña exporán ao público as súas derradeiras obras literarias.
  • A camariñá Agueda Antelo agasallará aos nenos e nenas das escolas municipais o libro “Un viaje por el espacio”.

O Concello

O mar de piques da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas encherá a Semana Santa

  • Hoxe deuse a coñecer o programa desta nova edición, que terá lugar do 16 ao 20 de abril e que busca salientar a forte conexión que existe na vila entre o mar e o encaixe.
  • Nesta edición estréase un novo concepto, a “Firma Emerxente”, unha iniciativa coa que se pretende axudar aos deseñadores emerxentes a consolidarse como marca.
  • As actuacións de Fillas de Cassandra, Budiño, Soledad Vidal, Rocío Camaño o monólogo de David Amor ou as catro presentacións de libros son as actividades paralelas.

O Concello

“Firma Emerxente”, a principal novidade na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe

  • Este novo concepto, que se integrará no desfile do concurso de Noveis Deseñadores, pretende axudar a deseñadores emerxentes a consolidarse como marca.
  • Nesta edición a “Firma Emerxente” será a de Xaquín Ruíz, que promociona o encaixe de Camariñas en feiras por Europa.

Cultura

Arranca en Camariñas o primeiro evento de cultura “friki” da Costa da Morte

  • A iniciativa “Ponte Friki”, organizada pola Asociación PonteDisfraz en colaboración co Concello, celebrase esta finde, 22 e 23 de marzo, no polideportivo da Ponte do Porto.
 
  • Conta con diferentes zonas: de venta de produtos, de videoxogos, obradoiros, de escenario, de actividades de ocio...

O Concello

O Concello investirá 61.100 euros para mellorar a eficiencia enerxética da Casa do Mar de Camelle

  • O goberno local solicitou á Xunta unha subvención de 48.800 euros para financiar o proxecto.
  • Esta actuación forma parte do plan para renovar, en diferentes fases, esta infraestrutura e poñela a disposición da veciñanza.

Servizos sociais

A rúa Silvia Lijo, unha homenaxe á mestra que destacou polo seu compromiso coa educación e a igualdade

  • Hoxe descubriuse a placa da rúa despois de que o Concello aprobase en pleno o nomeamento.
  • O IES Pedra da Aguia acolleu unha sentida homenaxe á mestra.
  • Tamén se instalou unha placa en Camelle, na casa de Carmen Tajes Rodríguez, para poñer en valor o seu legado como curandeira.