Deportes

Inicio • Deportes

Novas

Cinco ciclistas do PC Baikers do Vilán chegarán ata Delemont nunha nova ruta para estreitar lazos

  • A proba arrincará este sábado 15 de agosto desde a localidade francesa de La Turballe e rematará o día 20 en Suíza tras percorrer 965 quilómetros.
  • O obxectivo desta iniciativa, que se iniciou no 2023 chegando a La Turballe e no 2024 a Peniche, é fortalecer os vínculos de Camariñas coas localidades irmandadas.
  • A chegada a Delemont ten un significado moi especial ao tratarse dunha zona onde residen familias emigrantes de Camariñas.

Os ciclistas do PC Baikers do Vilán conquistan Suíza tras completar os case 1.000 km da súa ruta de irmanamento

  • O equipo cruzou Francia desde a Bretaña ata a capital do cantón de Jura, pasando por tramos míticos do Tour de Francia.
  • Á súa chegada a Delemont, foron recibidos polas autoridades locais e arroupados pola música do grupo de gaitas Galiza Celta Delemont.
  • O club anuncia o seu próximo obxectivo: unha cuarta ruta ata a localidade italiana de Novedrate para seguir levando o nome da Costa da Morte por Europa.

COMUNICADO OFICIAL: ACTUALIZACIÓN SOBRE O SORTEO DA SEGUNDA QUENDA

O Concello de Camariñas informa á veciñanza sobre unha serie de actualizacións e prazos relativos ás actividades municipais:

O Concello publica as listaxes de persoas preinscritas nos obradoiros de Camariñas e Camelle e abre o prazo para o abono das taxas

As persoas que formalizaron a súa preinscrición en tempo e forma xa poden proceder ao pago correspondente. Ademais, infórmase de que aínda quedan prazas vacantes para todas as quendas en ambas as localidades.

Deportes

Contacto Deportes

Concello de Camariñas. Praza de Insuela
Tfno. 981736000
Técnico de deporte:
deportes@camarinas.net
Conc. Delegado Deportes:
fabian.canosa@camarinas.net