Apartamento completamente amueblado de 166m2, situado nunha zona moi tranquila onde podes desfrutar dunhas vistas impresionantes do pobo de Camariñas. Ten unha ubicación excelente xa que na zona podes atopar todos os servizos esenciais para facer máis cómoda a estancia en Camariñas como é un supermercado ubicado xusto en fronte da vivenda e que conta cun amplio horario de apertura, de luns a domingo. A 62m encontrase unha pizzería chamada "Pizzería Stella Del Mare" na que a relación calidade/prezo é inmellorable, ofertando unha ampla variedade de platos para todos os gustos. O parque, para que os cativos poidan desfrutar dos xogos está a 70m, está vallado para unha maior tranquilidade. A 700m atopamos o paseo marítimo de madeira, no cal se pode coñecer toda a riqueza do pobo pesqueiro e a sua ampla flota de barcos. No porto pesqueiro hai un Club Náutico no cal se poden realizar varias actividades como, paseos en kayaks, tablas de paddle e surf. Para coñecer mellor a historia do encaixe de Camariñas tamén se pode visitar o "Museo do Encaixe" xa que permite entender a importancia e tradición deste oficio e arte nesta localidade. Xusto na plaza do ayuntamiento aparece unha escultura dunha muller "palilleira" que ao caer a noite encendese cunhas luces. Máximo 6 persoas Consta de:
2 habitacions de matrimonio con baño
1 habitacion con camas individuais
1 cociña
Lavavajillas
1 salón moi amplio con TV
3 baños (dous deles están nas habitacions de matrimonio)
Reposición de toallas e roupas de cama
Terraza e balcón
Vistas ao mar
Suelo de tarima
Tendal
SERVIZO DE RECEPCIÓN
Check in: 15:00 - 22:00
Check out: 12:00
PREZO CASA COMPLETA: consultar co propietario por tema de prezos por tempadas e por número de persoas. ADMÍTENSE MASCOTAS NON APTA PARA PERSOAS MINUSVÁLIDAS