Presentación

Inicio Emprendemento e Empresa Presentación

A axencia de desenvolvemento local do concello de Camariñas ofrece servizos de orientación, asesoramento, acompañamento e apoio á aquelas persoas que desexen crear a súa propia empresa.

Nesta sección ofrecemos un conxunto de información e ferramentas que poden orientar e axudar na toma de decisión no proceso do emprendemento empresarial.
A IDEA EMPRESARIALÉ importante ordenar e expoñer a idea empresarial inicial. Para realizar un achegamento sinxelo á súa concreción podemos empregar un documento no que se contempla os principais elementos a ter en conta na creación dunha empresa.

Poñeemos á túa disposición un modelo que ten como finalidade:
· Ordenar e clarificar os principais elementos dunha empresa.
· Orienta a busca de información necesaria para o proxecto empresarial .
· Realizar unha primeira diagnose da idea.
· Servir de carta de presentación cara á busca de financiamento, socios/as ou para contactos coas entidades e organismos que se necesiten.

Descargar Modelo de Memoria Básica para a Presentación idea empresarial

Máis información:
A idea de negocio e a persoa emprendedora
Banco de ideas emprendedoras

O PLAN DE EMPRESA

É unha ferramenta básica de planificación, seguimento e avaliación do negocio. Este documento identifica, describe e analiza o negocio e tamén avalía a viabilidade técnica, económica e financeira do negocio.

Recursos para elaborar o Plan de Empresa:
BIC Galicia
Guía para Plan de Empresa
Modelo Plan de Empresa
Modelos de Plan de Empresa para personalizar
Modelos Plan de negocios

FORMAS XURÍDICA DA EMPRESA

A decisión de constituír unha empresa cunha das formas xurídicas dispoñible no ordenamento xurídico é unha das decisión que preocupan ás persoas emprendedoras: empresa individual, sociedade, cooperativas …

A continuación ofrecemos información e cadros comparativos de utilidade para esta toma de decisión:

Formas xurídicas da empresa
Cadro comparativo de formas xurídicas
Cooperativas
Cooperativas de traballo asociado