A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Preofesional publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 3 de marzo pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 21 de febreiro de 2025 unha resolución pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (Comdix) no seu nivel iniciación.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de febreiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2025. Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Código do procedemento: ED540A Requisitos das persoas aspirantes:
- Ser maior de 18 anos ou cumprir esa idade no ano 2025.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2024/25 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2024/25 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo,para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 7 de febreiro de 2025, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Poderán solicitalos persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria. Hai dúas modalidades: - Cursos presenciais: Celga 2, Celga 3 e Celga 4 - Cursos en liña: Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 14 de xaneiro probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes: