Casa cun ambiente moi familiar e cun diseño moderno, situada no centro de Arou. Ofrece unha experiencia cómoda e tranquila cunhas vistas o mar e a todo o pobo. Para desfrutar da paisaxe encóntramos a 260m a Praia de Arou, unha praia peculiar xa que ten unha forma de media lúa, augas tranquilas e area branca. A praia de Camelle encontrase a 17min a pe. No pobo pódese facer unha camiñata que comeza nun dos extremos da praia, que conta cun paseo de madeira para poder despedir os atardeceres nos días mais longos do ano. Na zona pódese practicar sendeirismo, submarinismo e pesca tradicional. O aloxamento ofrece unha terraza na planta dariba, ao longo da fachada para poder saír e desfrutar dos días de bo tempo e das vistas. A parte traseira da vivenda está formada por un patio grande cerrado, está composto por unha mesa con sillas, sombrilla e unha chimenea para asar e pasar un rato agradable. Máximo 4 persoas (5 persoas contando co sofá cama) Consta de:
2 habitacions de matrimonio
1 baño con ducha amplia
1 salón-cociña con sofá cama, mesa e TV
1 trasteiro con unha lavadora e un tendal
Aparcamento
SERVIZO DE RECEPCIÓN
Check in: 15:00-18:00
Check out: 12:00
PREZO DA ESTANCIA: comunicarse co propietario para consultar prezos por tempadas e número de persoas. NON SE ADMITEN MASCOTAS NON APTA PARA PERSOAS CON MOVILIDADE REDUCIDA