Portal de emprego da Xunta de Galicia

Portal oficial da Xunta de Galicia no que podes atopar información xeral sobre o SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), cursos de formación gratuítos, ofertas abertas do SPEG, certificados de profesionalidade, xestión de ofertas de traballo se es empresario e queres facer algunha contratación, acceso á zona restrinxida que che permitirá renovar a tarxeta de demanda ou mellora de emprego e acceder a distintos servizos do SPEG.

Xunta de Galicia

Páxina oficial da Xunta de Galicia. Acceso gratuíto ao DOG (Diario Oficial de Galicia), ligazóns ás distintas consellerías, consulta das listaxes de vinculacións temporais, información sobre cursos prioritarios para desempregados e prioritarios para traballadores en activo...

Servicios Públicos de Empleo

Páxina oficial onde se pode consultar todo tipo de información sobre prestacións por desemprego, descargar os modelos de impresos e enchelos na propia web, buscar ofertas de traballo, apartado de autoemprego (podes avaliar o perfil emprendedor, desenvolver o plan de negocio e realizar trámites para crear a túa propia empresa a través do sistema telemático CIRCE).

Servicio Público de Empleo Estatal

(antigo INEM)
Páxina oficial con ligazóns aos distintos servizos públicos de emprego das comunidades autónomas, trámites en liña de prestacións por desemprego, comunicación de contratos ...

Asesoramento ao emigrante retornado (Deputación de Ourense)

Páxina da Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Deputación de Ourense. Contén información referida aos emigrantes retornados sobre orientación laboral, titulacións e formación, asesoramento xurídico...

Instituto Galego de Promoción Económica

Páxina oficial do IGAPE, dirixida a emprendedores proporciona información sobre as distintas axudas e apoios á creación de empresa, mellora da competitividade, formación...

Ministerio de Administraciones Públicas

Páxina oficial do MAP, nela podes atopar un boletín semanal no que aparecen tódalas ofertas de emprego público de España e un boletín mensual que recolle todo tipo de becas, axudas e subvencións.

Ministerio de Educación

Páxina oficial. Aparece información sobre estudos oficiais, universidades, becas e axudas. Ofrece a posibilidade de realizar consultas electrónicas.

Ministerio de Defensa