Centro de Iniciativas para a Mocidade (CIMO)

Institución sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública. Servizos:colocación, información, orientación laboral, asesoramento, apoio ao autoemprego e á creación de empresas.

Galicia empleo.net

Portal de emprego 100% galego especializado na intermediación laboral entre demandantes de emprego e empresas a través de Internet; unha ferramenta de mellora profesional que permite poñer en contacto de xeito rápido, cómodo e eficaz aos mellores profesionais coas ofertas de emprego das principais empresas que operan na nosa Comunidade.

Podes introducir o teu c.v., atopar ofertas de formación e ver tipos de tests entre outros servizos.

Infojobs

Buscador de ofertas de traballo. Pódense seleccionar por sector, provincia e palabra clave. Conta tamén cun buscador de empresas.

Monster

Compañía líder mundial en recrutamento e busca de emprego en Internet. Ten a súa sede en EEUU e presenza en 50 países. Este buscador ofrece información de ofertas de traballo (1º emprego, a tempo parcial, traballo temporal) e orientación laboral, tanto sobre ferramentas de busca de emprego (currículo vital) como procesos de selección de persoal (entrevistas de traballo) e dereitos dos traballadores (salarios, negociación…)

Educaweb

Buscador de ligazóns e recursos educativos. Aparece información sobre universidades e centros de formación, masters, postgraos e doutorados, formación virtual a distancia, formación profesional, estudar ou traballar no estranxeiro, mercado laboral, oposicións, becas e axudas...

www.opcionempleo.com

Opcionempleo.com es un motor de búsqueda de empleo en España. Con una simple búsqueda, Opcionempleo le da al demandante de empleo acceso a una gran selección de trabajos que son recopilados de diversas fuentes de Internet, ahorrando la molestia de tener que visitar cada página por separado.

Studentjob

Portal de emprego para estudantes e persoas tituladas recentes

Trovit

Buscador de anuncios clasificados. Permite realizar buscas moi sinxelas e concretas que te poden levar directamente ós anuncios que estás buscando. Empregar Trovit para buscar anuncios é completamente gratuito.

Jobatus.es

Metabuscador de emprego que agrupa tódalas ofertas activas de España, dando así facilidade ás persoas usuarias de buscar un traballo concreto en poucos segundos en calquera zona do país.

Neuvoo

Motor de busca de emprego.  Permite realizar buscas avanzadas filtrando por ubicación, postos e requisitos. Neuvoo agrega tódalas ofertas de empregos situadas en Internet (empresas, axencias e sitios de busca de emprego). 

Bizneo

Portal de emprego dende o que se poden realizar autocandidaturas persoais. Conta cunha base de datos de máis de 20000 empresas. Existe a posibilidade de acceso de xeito gratuíto (envío dun máximo de curriculums diarios) ou distintos servizos de pago. 

Jooble

Páxina web de busca de emprego. Jooble non garda a información, só a busca. Buscando ofertas de emprego a través da páxina recíbense enlaces a ofertas de traballo proporcionados por máis de 175 páxinas web de emprego en España. Na actualidade ten implantación en 64 países.