22 Febreiro, 2022
A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 16 de febreiro probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes:
As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega.
A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo en lingua estranxeira
Código do procedemento: TR306A
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de abril de 2022
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0599-080222-0002_gl.pdf
INFORMACIÓN RELATIVA ÁS COMPETENCIAS CLAVE ASÍ COMO ALGÚNS EXEMPLOS DE PROBAS
https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00