PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Código do procedemento: ED540A

 

Requisitos das persoas aspirantes: 

 

  • Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.

 

  • Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.

 

  • Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2021/22 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

 

  • O alumnado matriculado durante o curso 2021/22 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

 

  • Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

 

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.


Prazos de matrícula:

 

Convocatoria de maio: do 7 ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos

- Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos


As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.



Resolución do DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0598-070222-0001_gl.pdf

 

 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00