21 Marzo, 2022
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de marzo as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Código do procedemento: PL500C
Destinatarios / as:
- Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Prazo de inscrición:
- Do 21 de marzo ao 08 de abril de 2022 (inclusive)
Datas de realización das probas:
- Maio e/ou xuño 2022 sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas publicitaranse a través do DOG e da páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal
As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As sedes e horarios publicaranse xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas
Contía das taxas de exame: 16,92 €. (As persoas con discaàcidade igual ou superior ao 33%, logo da xustificación documental, estarán exentas do pagamento desta taxa)
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ao exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:
- Preparalo pola vosa conta
- Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio.
- A través dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220318/AnuncioG0598-100322-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00