O Concello organiza noites de cine ao aire libre durante todo o verán

  • Comezarán o venres, 8 xullo, na Ponte do Porto coa proxección de “A casa da luz” no paseo fluvial e posteriormente haberá sesións en Xaviña, Santa Mariña, Camelle, Camariñas, Buría e Arou.
  • Haberá flocos de millo gratis para os asistentes.

 

O Concello de Camariñas programa durante todo o verán noites de cine ao aire libre por todas as parroquias, comezando o venres 8 de xullo na Ponte do Porto, no paseo fluvial.

 

Todas as sesións comezarán a partir das 22 horas e está previsto que as pantallas se instalen no exterior en diferentes lugares pero, se chove, trasladaranse a espazos cubertos. Todos os asistentes recibirán flocos de millo gratuítos.

 

O calendario de proxeccións é o seguinte:

 

  • “A casa da luz”: venres 8 de xullo. Paseo fluvial (se chove no Centro Cultural). Ponte do Porto.
  • “Nocturna, unha aventura máxica”: venres 22 de xullo. Praza da Igrexa (se chove no Centro Cultural). Xaviña.
  • “Maimiño e o espello máxico”: sábado 23 de xullo. Santa Mariña.
  • “Los Croods 2: una nueva era”: venres 29 de xullo. Praza da Igrexa (se chove na Casa do Alemán). Camelle.
  • “Padre no hay más que uno 2”: venres 5 de agosto. Praza do Mercado (se chove na Casa de Pedra). Camariñas.
  • “Onward”: venres 19 de agosto. Praza da Igrexa (se chove na Casa de Pedra). Camariñas.
  • “Trolls 2: gira mundial”. Venres 26 de agosto. Praza da Praia (se chove no centro da Estivada). Arou.

 

 

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net