Acolección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o contrapunto explorando a súa dualidade cunha banda sonora exclusiva.
O evento terá lugar do 1 ao 5 de abril e co lema “Onde o fío se converte en arte” busca destacar ao municipio como punto onde late con máis forza o corazón da artesanía en Galicia.
Antes da inauguración oficial celebrarse no recinto un pleno para cambiar o nome da Avenida Ambrosio Feijoo por Avenida das Palilleiras.
Modesto Lomba afirma que o obxectivo de integrar a esencia do Encaixe de Camariñas nas súas pezas “é obter a excelencia.”
A deseñadora granadina non podía faltar á Mostra e presentará unha nova colección de traxes de noiva “na que explorarei a feminidade desde un punto de vista actual”, sinala.
Haberá un total de 12 postos de diferentes artesáns de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asoc. Prof. De Palilleiras Rendas, Asoc. Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita.
No pavillón Víctor Vigo daranse cita persoas chegadas desde Arxentina, Bulgaria, Eslovaquia, Italia, Polonia ou Portugal.
As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Miyuki e Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural.
A firma galega elPulpo regresa tras o seu éxito en 2024 e amplía os seus deseños con propostas femininas para a súa liña “Teen”coa súa colección cápsula "Encaixe de Amor".
O dúo asturiano Innamoretto debuta no evento para fusionar o “streetwear”, a xastrería clásica e a pel coa tradición das palilleiras.
A vimiancesa Ana Trasariz participa por primeira vez no desfile onde presentará unha colección de bolsos de pasarela parareivindicar o uso do encaixe na moda actual.
á fronte de Estilo Aramar, fusionará técnicas de tintura e prumaría con estilismos completos inspirados na "riqueza del mar de Camariñas".