"Impulsa o TEU futuro en Camariñas"

"Impulsa o TEU futuro en Camariñas"

A charla "Impulsa o TEU futuro en Camariñas", vaise celebrar o venres 12 de maio, de 16:30 a 18:30, na Biblioteca Municipal de Camariñas.
Se buscas emprego ou queres mellorara as túas habilidades, podes reservar unha praza, xa que son limitadas, en adl@camarinas.net, 981 73 70 04 ou en persoa na Casa de Pedra.

Na charla, falarase dos seguintes temas:

Descubre as oportunidades de prácticas e traballo nas institucións europeas.

Aprende a realizar application forms virtuais e descubre as claves dunha carta de motivación.

LinkedIn como ferramenta de posicionamento.

Sácalle partido ao currículo EUROPASS.

Aprende as vantaxes do portal EURES para buscar emprego na UE.