Opcións para todas as idades para conmemorar o Día das Letras Galegas

Opcións para todas as idades para conmemorar o Día das Letras Galegas

  • Hai actividades programadas para os días 15, 16 e 17 de maio.

 

O Concello de Camariñas publicou a súa programación de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023, que se dedica a Francisco Fernández del Riego, e que contén opcións para todas as idades.

 

O luns 15 de maio ás 16:30 horas na biblioteca municipal haberá un “Animalario fantástico”, dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e onde se creará un catálogo de animais divertido.

 

O martes 16 de maio hai dúas actividades na biblioteca: ás 11 “Leo as cores”, artes escénicas para bebes de 0 a 3 anos, e ás 17 horas unha “Sala de escape” para nenos e nens de 9 a 13 anos, que deberán valerse da lingua e a cultura galega para resolver diferentes probas.

 

Por último, o propio mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 12 horas Soraya Lema interpretará “Historia dunha nena namorada do mar”. Ese mesmo día entregaranse os premios do certame literario Letras Galegas 2023.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net