O Museo Man acollerá a exposición “Capells”, na que os sombreiros se transforman en pezas de arte

O Museo Man acollerá a exposición “Capells”, na que os sombreiros se transforman en pezas de arte

  • A inauguración terá lugar este sábado, 25 de maio, ás 12:30 horas e a mostra permanecerá ata o 15 de xuño.
  • Chegan a Camariñas da man da asociación Art amb B, a través do Instituto de Estudios Balearico

 

O Museo Man de Camelle albergará, do 25 de maio ao 15 de xuño, a exposición “Capells”, unha mostra impulsada pola asociación “Art amb B”, a través do Instituto de Estudios Balearicos, composta por 30 sombreiros de palla que outros tantos artistas converteron en arte.

 

A inauguración destas exposición, comisariada por Toni Torres, terá lugar o sábado, 25 de maio, ás 12:30 horas e participará a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.

 

En “Capells” os visitantes poderán desfrutar dunha selección de máis de 30 sombreiros únicos nos que os e as artistas, entre os que se atopa a camariñana Purificación Lema del Río, deixaron voar a imaxinación aplicando diferentes técnicas.

 

A mostra é itinerante e antes de estar en Camariñas pasou polas Illas Baleares e a Comunidade Valenciana. Está previsto que a súa seguinte parada sexa Ceuta e Melilla.

Cultura

Contacto Cultura

Plaza de Insuela 57 15123 Camariñas.
Teléfono: 981736000 – Fax: 981736199
Conc.Delegada de cultura:
encarna.lineiro@camarinas.net
Bibliotecaria: 
cultura@camarinas.net
Educadora: 
edu.adultos@camarinas.net