13 Xaneiro, 2025
O Concello de Camariñas impulsa unha nova edición da iniciativa “Merca e Gaña. Pide o teu rasca” de promoción do comercio local, co obxectivo de incentivar as compras nos establecementos colaboradores. Nesta ocasión son 15 os comercios que participan nas parroquias de Camariñas, Ponte do Porto e Xaviña.
Desde o 16 ao 31 de decembro poderanse obter descontos en cada compra. Todos os racas terán un premio, que poderá ser canxeado ata o 6 de xaneiro.
Os comercios participantes son, en Camariñas, Arte Lúdico, Arte Floral Maica, Calzados Silvia, Encajes Gelina, Eu Quedo Tesa, Floristería Sofía, Juan”s Sport, Kerubín Moda Infantil, O Rincón de Chus, Oreiro Moda, Sofi_Lin Moda; na Ponte do Porto, A Tenda de María Rosa, Flores con Encanto e Guillermina Kids; e en Xaviña, Florería Alecrín.