PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Código do procedemento: ED540A

 

Requisitos das persoas aspirantes: 

 

-       Ser maior de 18 anos ou cumprir esa idade no ano 2025.

 

-       Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

 

-       Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2024/25 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

 

-       O alumnado matriculado durante o curso 2024/25 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

 

  • Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo,para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

 

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nela.


Prazos de matrícula:

 

-  Convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos

Convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos


As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

 

Resolución do DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250207/AnuncioG0761-280125-0001_gl.pdf

 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746 / 881982158   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 - 14:00